martes, 21 de septiembre de 2010

20100920, pleno: As preguntas de O Tesón

A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada fóra xa do pleno propiamente dito, como está está establecido.
1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito xa hai tempo que se estaba a realizar un listado que sería difundido, pero non dispoñendo aínda do mesmo, lembramos de novo dita solicitude.
R:O listado de ob ras pódese consultar xa no despacho de Cultura.
2.Tendo observado que hai tempo que non se fala oficialmente da liña de subministro elećtrico a Ribadeo nin da subestación segundo parece necesarias ambas para o comezo de funcionamento do polígono industrial, solicitamos coñecer a actualidade de ambos temas.
R: Posiblemente haberá que facer outro protocolo por incumprimento de prazos. A cousa está en que previo á declaración de utilidade pública é a exposición pública, que aínda non se fixo. Hai unha modificación pedida pola Comisión dos Camiños de Santiago, o sotorreamento á beira do Camiño. É previsible ademáis que a execución das 13 reservas do polígono se poda facer sen a realización da suestación, pero non se pode manter a situación así indefinidamente.
3.Tendo pendente de consecución a realización unha saída cara a Ribadeo dende a Autovía vindo de Galicia e un entronque coa circunvalación para conectar coa chamada estrada do monte, solicitamos coñecer o estado da cuestión.
R: En realidade son dúas preguntas, con respostas semellantes. en concreto, en relación á A8, está aprobado, pero non hai nin idea de cando se vai facer.
4.Tendo noticia da existencia dun canón lanzacabos doado pola Armada norteamericana para o salvamento de náufragos ribadense, que foi visto ultimamente na Cruz Vermella de Lugo, solicitamos coñecer se se está a facer algún tipo de xestión para o seu retorno a Ribadeo, xunto coa lancha de salvamento marítimo no Forte de San Damián.
R: O alcalde respostou que descoñecía o tema, pero que fará xestións para ver que se pode facer (en relación a isto, un asistente comentou posteriormente que en época de Lalo como alcalde estaba no seu despacho sobre catro pilares). O alcalde aproveitou para comentar que a lancha de salvamento foi recentemente pintada e encargouse unha placa de metacrilato para ilustrar a súa historia.
Continuará...